C'mmons baby!

C'mmons baby! é un podcast sobre músicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga. (CC + copyleft + free downloadable) music podcast

https://www.commonsbaby.com/search/label/podcast

Bisher sind 28 Folge(n) erschienen. Alle 2 Monate erscheint eine Folge dieses Podcasts.

Gesamtlänge aller Episoden:

subscribe
share






recommended podcasts


C'mmons baby! #84 (non somos reis)


Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior. Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15''). baixar mp3 / baixar ogg Las Buenas Noches. Anti-nana (Hoy ya es mañana, LP 2014) Candy Says. Not kings (Not Kings, LP 2014) TV Girl. Daughter of a cop (French Exit, LP 2014) Xo. Tics (Dicionario de silencios, LP 2014) Ukulele Clan Band...


share








 July 5, 2014  n/a
 
 

C'mmons baby! #83 (unha voda e case un funeral)


Tantos meses de ausencia e escollo para gravar este día que ando arrefriado para volver... non vos teño remedio. Encanamos coa emisión anterior e seguimos con guitarras, guitarras, guitarras para cargar as pillas (duración: 24'57''). baixar mp3 / baixar ogg Kine Hjeldnes. Cracks (Elude, EP 2014) Camarada Nimoy. Satélite Disidente (Camarada Nimoy, LP 2013) Curtinaitis. Curtinaitis (a.k.a. En Curtis pola noite) (Curtinaitis, EP 2014) The Dark Colours since 1685...


share








 May 29, 2014  n/a
 
 

C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)


Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38"). baixar mp3 / baixar ogg Nasimiyu. Time is a train (Rules Aren't Real, LP) Caxade. Dêmos graças (A dança dos moscas, LP) Els Surfing Sirles. Oda (Fundación Robo, LP colectivo) Garcín...


share








 November 21, 2013  n/a
 
 

C'mmons baby! #81 (capitalismalo)


Chegamos con cinco meses de atraso, mais regresamos dispostos a demoler este sistema fedorento, a coller forzas para recuperar o ritmo perdido e construír un novo espazo. (duración 21'13"). baixar mp3 / baixar ogg Das Kapital. Demoler (Grecia, LP) William J. Le Petomane. You don't treat me right (Bad news baby, LP) Digits. Love is only affection (Love is only affection, EP) Lizard Kisses & Florist. Loosen (Loosen, single) Grampoder...


share








 September 7, 2013  n/a
 
 

C'mmons baby! #80 (liberado)


Regresamos despois do secuestro. Se cadra precisaba tempo para recuperarme da experiencia, mais nunca houbo C'mmons baby! secuestrado que non regresase, e aquí andamos de volta; dando conta dalgunhas novidades que saíran mentres estivemos ausentes (duración 18'45"). baixar mp3 / baixar ogg New Kind of Mambo. Monkey swing (New Kind of Mambo, EP) Uniform Motion. To watch over you (The Magic Empire, LP) Pony Bravo. Mi DNI (De palmas y cacería, LP) Wild Honey...


share








 April 30, 2013  n/a
 
 

C'mmons baby! #79 (secuestro no LAV13)


Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra...


share








 February 18, 2013  n/a
 
 

C'mmons baby! #78


Balbuce o ano 2013, mais imos despedir o 2012 con algúns vellos coñecidos (algúns sen lanzar nada novo desde hai ben tempo) que decidiron regresar con novas músicas a finais deste ano que marchou. Tamén anuncio o obradoiro sobre podcasting e radio en internet que vou dar no LAV 2013 de Vedra no mes de febreiro. (duración: 23'40") Baixar o mp3 / baixar o ogg Kellee Maize. 2012 (Owl Time, 2012 LP) Brad Sucks. Come back (Guess Who's a Mess, 2012 LP) Nouvelle Cuisine...


share








 January 9, 2013  n/a
 
 

C'mmons baby! #77


Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio. (duración: 34'19") Baixar o mp3 / baixar o ogg Familia Caamagno. Perdoa (Familia Caamagno, 2012 EP) b fachada...


share








 December 12, 2012  n/a
 
 

C'mmons baby! #76


Falta menos dun mes para o noso quinto cabodano e aínda menos para as eleicións galegas. É o momento dos anónimos, é o momento de que fale a maioría calada. É case o único momento no que os políticos se lembran de nós e reparan en que existimos. Ide votar, ho! O noso voto é a nosa voz, a voz da xente da rúa, a voz da xente anónima. (duración: 17'37") Baixar o mp3 / baixar o ogg Samuel L. París. Poeta (Inflamable, libro) Matilda. Los anónimos (Las acciones cotidianas, LP) Tigres Leones...


share








 October 8, 2012  n/a
 
 

C'mmons baby! #75 (o que quero e o que preciso)


Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na encrucillada de arriar (como pensara) ou seguir. Isto tamén é voso e quero saber que pensades. (duración: 19'41") Baixar o mp3 Dumbo Gets Mad & Venice...


share








 September 3, 2012  n/a