Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 232: Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores


(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura. (24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiraciencia que convoca a delegación do CSIC en Cataluña. Estíbaliz Espinosa vai impartir obradoiros creativos para posibles participantes. (39:49) Presentamos aos participantes da Regueifa de Ciencia dedicada á legalización do cannabis. Coa participación de Manuel Isorna, Patricia Amiguet, Fernando Rodríguez de Fonseca e José Carlos Bouso. www.efervesciencia.org


fyyd: Podcast Search Engine
share








 July 19, 2023  56m