Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 642: Efer 642 (12-7-23): Minerais, de Haüy á Ermeloíta


(1:16) A portada de Nature desta semana chama a atención sobre a presenza de plásticos nas augas doces e arrecifes. Un dos artigos deste número analiza a presenza de plásticos en lagos de auga doce de todo o mundo. Parte de este estudo realizouse en Galicia por un equipo da UdC, entre eles Moisés Canle que dirixe a cátedra EMALCSA-UDC. (10:45) Visitamos no Colexio de Fonseca na USC a exposición "MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta" onde coñecemos o último mineral descuberto en Galicia. Temos o gusto de conversar con Óscar Lantes, Marcos González, Xoana Pintos, Juan Manuel Cutrín e Mónica Mura. (41:07) Laura Reyes Sánchez é a presidenta da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo. Conversamos con ela e Agustín Merino García ao fío do proxecto "Plantando cara al fuego"


fyyd: Podcast Search Engine
share








 January 14, 2024  54m