Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 643: Efer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X


(3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana. (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight. (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que chegan ao que non ven os raios X. Pablo Cabanelas é un dos responsables de Neutron Insights. (49:40) No espazo de GAIN María José Mariño preséntanos a IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. www.efervesciencia.org


fyyd: Podcast Search Engine
share








 January 2, 2024  55m