Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 658: Efer 658 (25-1-24): 30.000 anos de ululofilia


(1:40) Levamos 30.000 anos enfeitizados con bufos e curuxas. Co investigador da Estación Biolóxica de Doñana Juan José Negro recorremos esta historia de fascinación con estas rapinas nocturnas que nos ha levar desde os neandertais, pasando por uns misteriosos gravados en lousas da idade de bronce ata Harry Potter. (36:43) Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.


fyyd: Podcast Search Engine
share








 January 26, 2024  56m