Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 647: Efer 647 (2-11-23): Estrelas desde Armenia


(3:59) A directora da Casa das Ciencias na Coruña, Bibiana García Visos, fálanos do centenario dos planetarios de proxección electromecánica. (13:36) Aproveitamos a Guía do Ceo de outono co noso estreleiro Jabier Pérez Couto para coñecer a súa estadía de investigación no observatorio astronómico de Byurakan en Armenia. Tamén felicitamos á presidenta da Agrupación Astronómica IO, Denévola Álvarez, polo premio da Crítica. (49:29) No espazo de GAIN en Efervesciencia, Sabela Pardo, preséntanos o programa de impulso á participación galega en Europa.


fyyd: Podcast Search Engine
share








 January 2, 2024  54m