Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 664: Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche


(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros. (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península. (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista. (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano. As baterías dos coches eléctricos necesitan quilos deste material para seren eficaces. O xornalista Xavier Aldekoa percorreu os máis dos 4000 quilómetros do río Congo. Froito desta aventura xurdiu o libro "Quijote en el Congo" onde da testemuña da violencia, espolio e escravitude asociada á explotación deste "ouro azul". (44:24) Coñecemos o I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro de Bruxelas da man de María José Mariño (GAIN) e Alejando VIlar (Investigal).


fyyd: Podcast Search Engine
share








 March 9, 2024  55m