Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






Entrevista a Francisco Mójica - descubridor do CRISPR - e a Anxo Vidal


O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente existe un consenso en cualificar os descubrimentos de Mójica como fundamentais no desenvolvemento desta técnica que esta a revolucionar os laboratorios. Na conversa cos dous investigadores coñecemos as múltiples caras do CRISPR-Cas9.


fyyd: Podcast Search Engine
share








 January 18, 2016  18m