Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 487: Efer 487 (2-10-19): Especial Neurociencia SENC19


Infiltrámonos no congreso 18 congreso da "Sociedad Española de Neurociencia" celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela. Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes: - Cerebroides en placa petri - Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética - Existe o libre albedrío? - Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos - En ratiños de laboratoio os efectos positivos do exercicio físico transmítese aos fillos aínda que estes sexan sedentarios - Cal é o estado mental dun músico cando fai improvisación? - As bolboretas femininas da alma, o papel das hormonas no cerebro feminino Para tratar estes temas conversamos con Agnés Gruart (Presidenta da SENC, catedrática de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), José Mª Delgado (catedrático de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), Guglielmo Foffani (enxeñeiro biomédico, HM CINAC), Paola Arlotta (Universidade de Harvard), Luis Miguel García Segura (Profesor de investigación do CSIC-Instituto Cajal), Botond Roska (Friedrich Miester Institute for Biomedical Research, Basilea), María Llorens Martín (Centro de Biología Molécular Severo Ochoa) e Patricia Tezanos (Instituto Cajal)


fyyd: Podcast Search Engine
share








 October 4, 2019  59m