O podcast de Coruña Dixital

O podcast de Coruña Dixital é un espazo sonoro no que compartir todo o que se desenvolve na cidade no ámbito da cultura dixital e tecnolóxica. E o que é máis importante: un espazo no que coñecer de primeira man a moitas das persoas que o fan posible. Se queres inspirarte e experimentar coa cultura dixital da Coruña, este é o teu podcast ;)

https://archive.org/details/o-podcast-de-coruna-dixital

subscribe
share






#02 - O podcast de Coruña Dixital


02 - O podcast de Coruña Dixital
18/11/2019

Creando pontes entre as persoas e os usos creativos da tecnoloxía.

Neste segundo podcast quixemos achegarnos ás entidades e espazos que ofrecen actividades para iniciarse na tecnoloxía e no seu uso seguro. Como, por exemplo, as bibliotecas municipais. Para iso falamos con Nuria Martínez, técnica da biblioteca do centro Ágora, e Mercedes Cerdeiras, directora da biblioteca infantil e xuvenil Durán Loriga.

Formato ogg
Formato mp3

Ademais, adiantámosvos o contido do congreso da asociación Tadega, no que se abordará a relación da pedagoxía e a tecnoloxía. O congreso celébrase os días 22 e 23 de novembro na facultade de Educación da UDC.

E, falando de tecnoloxía e aprendizaxe, non quixemos deixar pasar a ocasión de falarvos do Kit de Activación Dixital, unha ferramenta especialmente pensada para proxectos socioculturais ou educativos.

Non deixedes de botarlle unha ollada!

Todo isto sen esquecer a nosa axenda.

00:15 - Presentación
00:31 - Entrevista a Nuria Martínez e Mercedes Cerdeiras
06:30 - Congreso da asociación Tadega
09:07 - Kit de Activación Dixital
10:11 - Axenda dixital
10:53 - Despedida

Enlaces mencionandos no programa:

Coruña Dixital
https://corunadixital.gal/

Uso seguro da tecnoloxía
http://corunadixital.gal/comunidade/?term=iniciacion-e-uso-seguro

Tadega 2019
http://corunadixital.gal/evento/congreso-tadega-2019/

Kit de Activación Dixital
https://kit.corunadixital.gal/

Axenda Dixital de A Coruña
https://corunadixital.gal/axenda/

As músicas usadas neste programa foron:
- Canción "Piano Rock Instrumental" do artista Hyde-Free Instrumentals, CC BY 3.0
- Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/CorunaDixital

Podcast producido por Jorge Lama, @raivenra

Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0


fyyd: Podcast Search Engine
share








 November 18, 2019  n/a