O podcast de Coruña Dixital

O podcast de Coruña Dixital é un espazo sonoro no que compartir todo o que se desenvolve na cidade no ámbito da cultura dixital e tecnolóxica. E o que é máis importante: un espazo no que coñecer de primeira man a moitas das persoas que o fan posible. Se queres inspirarte e experimentar coa cultura dixital da Coruña, este é o teu podcast ;)

https://archive.org/details/o-podcast-de-coruna-dixital

subscribe
share






03 - Comunidades técnicas, LAIC e narrativas transmedia con El Cañonazo


03 - Comunidades técnicas, LAIC e narrativas transmedia con El Cañonazo
10/12/2019

Formato ogg
https://ia601403.us.archive.org/4/items/o-podcast-de-coruna-dixital/03%20-%20Comunidades%20t%C3%A9cnicas%2C%20LAIC%20e%20narrativas%20transmedia%20con%20El%20Ca%C3%B1onazo.ogg

Neste terceiro podcast falámosvos das comunidades técnicas da cidade, presentándovos a algunhas delas, como GPUL, Coruña JUG e PHP Coruña.

Tamén nos achegamos á nova tempada do #LAIC, que comeza este mes no centro Ágora cunha dobre cita protagonizada por Roger Casas-Alatriste, fundador da produtora transmedia El Cañonazo.

Con el abordaremos as tendencias e posibilidades das narrativas transmedia no audiovisual (17 de decembro) e teremos ocasión de participar nunha sesión práctica baseada na construción dun proxecto (18 de decembro). E, atención!, que anticipamos tamén algunha das actividades que se desenvolverán no 2020 ;)

Todo isto sen esquecer a nosa axenda!

00:15 - Presentación
00:56 - Falamos con GPUL, Coruña JUG e PHP Coruña
04:57 - Nova tempada do #LAIC
06:57 - Narrativas transmedia no audiovisual
08:55 - Axenda dixital
12:24 - Despedida

Enlaces mencionandos no programa:

Comunidade
http://corunadixital.gal/comunidade/

GPUL
http://corunadixital.gal/iniciativa/gpul/

Coruña JUG
http://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-jug/

PHP Coruña
http://corunadixital.gal/iniciativa/php-coruna/

#LAIC
http://corunadixital.gal/iniciativa/laic/

Universo transmedia
http://corunadixital.gal/evento/universos-transmedia-charla-sobre-as-posibilidades-e-tendencias-no-audiovisual/
http://corunadixital.gal/evento/universos-transmedia-sesion-practica/

Axenda Dixital de A Coruña
https://corunadixital.gal/axenda/

As músicas usadas neste programa foron:
- Canción "Piano Rock Instrumental" do artista Hyde-Free Instrumentals, CC BY 3.0
- Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/CorunaDixital

Podcast producido por Jorge Lama, @raivenra

Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0


fyyd: Podcast Search Engine
share








 December 10, 2019  n/a