Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 526: Efer 526 (1-10-20): “De lugares e órganos”: Música e ciencia entre tubos [Versión estendida]


Os centos de tubos do órgano da Igrexa da Universidade dannos a escusa perfecta para falar de acústica, física, química, enxeñaría e evolución. E sobre todo para escoitar ao vivo as interpretacións da organista Erea Blanco. Conversamos con Belén Bermejo, comisaria de “Lugares e órganos”, Andrés Cea, organista e doutor en historia, e Andrés Díaz, músico e físico. Versión estendida en podcast do programa especial con público de Efervesciencia para o ciclo “De lugares e órganos” do Concello de Santiago desde a Igrexa da Universidade. www.efervesciencia.org


fyyd: Podcast Search Engine
share








 October 1, 2020  1h15m