Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 570: Efer 570 (29-9-21): Ardora


(3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla. (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco Rodríguez colleu mostras en Ponteceso atopou unha sorpresa que contou nos nosos micrófonos. (38:52) A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de-eficiencia-energetica-y-reduccion-de-la-contaminacion-luminica/ www.efervesciencia.org


fyyd: Podcast Search Engine
share








 October 15, 2021  59m