Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

subscribe
share






episode 609: Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións


(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez. (25:25) Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícola conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D). Os seus microorganismos eliminan cheiros e emisións dos xurros. (42:06) O noso virólogo César Muñoz Fontela coméntanos a aparición en Uganda dun gromo dun novo Ébola Virus. En "Historias de Virus" coñecemos a historia dun axente infeccioso que non é un microorganismo.


fyyd: Podcast Search Engine
share








 December 8, 2022  56m