Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1830 Folge(n) erschienen. Dieser Podcast erscheint alle 0 Tage.

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 7 hours 57 minutes

subscribe
share






episode 572: Efer 572 (27-10-21): Monográfico XXIV Congreso Estatal de Astronomía


Monográfico dedicado ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO na Coruña entre o 8 e 12 de outubro de 2021. (2:30) As tres as astrónomas galegas que cartografían os obxectos descoñecidos da nosa galaxia coa sonda espacial Gaia da ESA: Minia Manteiga (UdC), Ana Ulla (UVigo) e Ruth Carballo (Universidade de Cantabria). (18:02) Cos afeccionados Mónica Veiga e Pablo Martínez Alemparte...


share








 October 28, 2021  57m
 
 

episode 573: Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2


Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois. (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa...


share








 November 16, 2021  57m
 
 

episode 573: As paixases sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza]


As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América. https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1


share








 November 17, 2021  10m
 
 

episode 574: Efer 574 (17-11-21): Xenómica, Antártida e cogomelos no S. Alberte da UVigo


Programa con público desde o salón de actos das Facultades de Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar e Química) da Universidade de Vigo co gallo da celebración do San Alberte. (2:56) Xenetistas: Armando Caballero, Paloma Morán e Diana Valverde (18:43) Ciencias do Mar: Paula Diz, Elsa Vázquez e Mariano Lastra (40:57) Cogomelos: Marisa Castro e Maria Cabaleiro www.efervesciencia.org


share








 November 22, 2021  57m
 
 

episode 575: Ciencia cidadá contra os malos cheiros ambientais [Muller e Ciencia]


Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. Sección “Muller e Ciencia” con Joana Magalhães.


share








 January 5, 2022  16m
 
 

episode 576: Efer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón


(3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila. (16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, un estraño instrumento científico, un pedagogo masón esquecido pola historia.....


share








 January 6, 2022  57m
 
 

episode 576: "Lúa Negra", relato gañador de Inspiraciencia adultos


Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila.


share








 January 17, 2022  13m
 
 

episode 577: Efer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento


(2:27) Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego. (12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS...


share








 January 17, 2022  57m
 
 

episode 577: "Os océanos teñen voz" relato gañador Inspiraciencia mocidade


Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador na categoría de mozos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña


share








 January 17, 2022  10m
 
 

episode 578: Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet


(3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións...


share








 January 17, 2022  59m