Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1830 Folge(n) erschienen. Alle 0 Tage erscheint eine Folge dieses Podcasts.

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 7 hours 57 minutes

subscribe
share






episode 650: Efer 650 (23-11-23): Prismas 23 e IgNobel para as anchoas de Bueu


(2:49) Un ano máis argallamos un faladoiro "prismático" cos gañadores dos premios Primas á divulgación dos Museos Científicos Coruñeses. Contamos con Julio Bernues, Almudena Martín, Laura Farré, Eugenia Angulo, Javier Armentia, José Edelstein, Elena Lázaro y Rogelio Sánchez Verdasco. (40:26) Un estudo atopa que actividade sexual nocturna das anchoas en augas de Bueu remexe efizcamente a columna de auga. Este traballo gañou o premio Ig Nobel 2023 na categoría de física...


share








 January 2, 2024  56m
 
 

episode 651: Efer 651 (30-11-23): Eduardo Sáenz de Cabezón, @edusadeci, amor pola aprendizaxe


(3:08) Achegámonos ao IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia para conversar co matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón que vai pechar o congreso da Asociación de Ensinantes de Galicia ENCIGA (29:03) O catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Benito Vázquez vén de gañar premio en ensino e divulgación da física da Real Sociedade Española de Física BBVA 2023. (42:57) Coñecemos o XXXVI Congreso da man de Inés García Seijo e Miguel Yebra.


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 652: Efer 652 (14-12-23): Novas superbaterías


(2:13) A Bitacora do Beagle de Julio Rodríguez comeza cunha nota de suicidio que sinala a un asasino inusual, unha bacteria transmitida por carrapatas. (12:36) Israel Temprano é investigador Beatriz Galindo na UdC onde está a poñer en marcha o Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética. Con el falamos das novas xeracións de baterías. (35:08) Estíbaliz Espinosa guíanos nunha excursión polas estrelas vermellas do ceo, o cinema e a literatura.


share








 January 2, 2024  56m
 
 

episode 653: Efer 653 (23-12-23): Centenarios e Dieta Atlántica


(2:12) Un terzo dos habitantes da terra non teñen acceso a auga potable. Conversamos con Moisés Canle (UdC) e Silvio David Aguilar (Universidad Técnica Particular de Loja, Ecuador) do novo método innovador ASDIS, unha desinfección solar avanzada con fotocatalizador. (12:25) Nas provincias de Lugo e Ourense temos taxas de poboación centenarias das mais altas do mundo...


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 656: Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón


(2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa. (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvolvido tecnoloxías de luxo...


share








 January 12, 2024  59m
 
 

episode 657: Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas


(3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxía depresiva asociada ao cancro de mama. En oncodepusc@gmail...


share








 January 19, 2024  57m
 
 

episode 657: Códigos secretos nas cantigas de amor [Versión estendida]


[Versión estendida] Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-portuguesa. O seu traballo está recollido na monografía "A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itineraium ad dominan"


share








 January 19, 2024  22m
 
 

episode 658: Efer 658 (25-1-24): 30.000 anos de ululofilia


(1:40) Levamos 30.000 anos enfeitizados con bufos e curuxas. Co investigador da Estación Biolóxica de Doñana Juan José Negro recorremos esta historia de fascinación con estas rapinas nocturnas que nos ha levar desde os neandertais, pasando por uns misteriosos gravados en lousas da idade de bronce ata Harry Potter. (36:43) Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.


share








 January 26, 2024  56m
 
 

episode 658: "t´", relato gañador de Inspiraciencia [versión estendida]


[Versión estendida] Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.


share








 January 27, 2024  28m
 
 

episode 659: Efer 659 (1-2-24): As casas do futuro son de madeira


(1:45) Bibiana García Visos cóntanos que significa desde o punto de vista da ciencia a expresión "queimar calorías"(11:18) O único material de construción que cando se fabrica secuestra CO₂ é a madeira. Visitamos o CIS-Madeira en Tecnópole onde conversamos coa técnica deste centro Azahara Soilán e con Esther Merlo de Madera Plus. (40.40) O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo. ^resumo


share








 February 2, 2024  55m