Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 5 hours 1 minute
[Versión estendida] Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación [Amipa](https://www.facebook.com/AsociacionAmipa) de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar e a inestimable colaboración do noso estreleiro Martin Pawley...
(2:09) Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro. (24:06) En historias de virus César Muñoz Fontela cóntanos a orixe da varíola do mono...
O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” ás orixes da varíola do mono.
Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.
(1:29) Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar [Rutas xeolóxicas de Galicia](https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot...