Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1825 Folge(n) erschienen. .

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 3 hours 8 minutes

subscribe
share






episode 662: Códices e tintas invisibles con Lucía Pereira [Versión estendida]


Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes...


share








 February 25, 2024  51m
 
 

episode 662: Misterioso envelenamento por arsénico


Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.


share








 February 25, 2024  15m
 
 

episode 662: Efer 662 (22-2-24): Arsénico, códices e mensaxes secretas


(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos...


share








 February 24, 2024  53m
 
 

episode 661: Toxoplasma e fraxilidade en anciáns con Blanca Laffon


A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo seu deseño, o estudo non pode establecer se o toxoplasma causa a fraxilidade.


share








 February 17, 2024  14m
 
 

episode 661: Moda e química con Javier Sardina [Versión estendida]


[Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...


share








 February 17, 2024  42m
 
 

episode 661: Efer 661 (15-2-24): A química crea a moda da túa roupa


(3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica (9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,.....


share








 February 17, 2024  54m
 
 

episode 660: A neveira de Einstein


A historia de como Einstein e Leo Szilard realizaron 45 patentes para construir unha neveira segura contada pola Avoa de Einstein.


share








 February 10, 2024  6m
 
 

episode 660: Efer 660 (8-2-24): Materiais que respiran para arrefriar sen contaminar


(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence. (8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura. Conversamos con José Manuel Bermúdez, investigador do CICA...


share








 February 10, 2024  53m
 
 

episode 659: O sarampelo e os escribidores de contos [Historias de virus]


O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo


share








 February 3, 2024  11m
 
 

episode 659: Efer 659 (1-2-24): As casas do futuro son de madeira


(1:45) Bibiana García Visos cóntanos que significa desde o punto de vista da ciencia a expresión "queimar calorías"(11:18) O único material de construción que cando se fabrica secuestra CO₂ é a madeira. Visitamos o CIS-Madeira en Tecnópole onde conversamos coa técnica deste centro Azahara Soilán e con Esther Merlo de Madera Plus. (40.40) O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo. ^resumo


share








 February 2, 2024  55m