Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1830 Folge(n) erschienen. Alle 0 Tage erscheint eine Folge dieses Podcasts.

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 7 hours 57 minutes

subscribe
share






episode 656: Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón


(2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa. (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvolvido tecnoloxías de luxo...


share








 January 12, 2024  59m
 
 

Efer 655 (30-12-23): Un ano de ciencia, Parte II [Versión estendida]


Segunda parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz.


share








 January 2, 2024  1h9m
 
 

Efer 654 (28-12-23): Un ano de ciencia, Parte I [Versión estendida]


Primeira parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz Espinosa...


share








 January 2, 2024  1h3m
 
 

episode 653: Efer 653 (23-12-23): Centenarios e Dieta Atlántica


(2:12) Un terzo dos habitantes da terra non teñen acceso a auga potable. Conversamos con Moisés Canle (UdC) e Silvio David Aguilar (Universidad Técnica Particular de Loja, Ecuador) do novo método innovador ASDIS, unha desinfección solar avanzada con fotocatalizador. (12:25) Nas provincias de Lugo e Ourense temos taxas de poboación centenarias das mais altas do mundo...


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 646: Attoquímica con Fernando Martín [Versión estendida]


[Versión estendida] Debullamos o nobel de física concedido á tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos e as portas que abre cara a attoquímica con Fernando Martín, catedrático da UAM.


share








 January 2, 2024  35m
 
 

episode 652: Efer 652 (14-12-23): Novas superbaterías


(2:13) A Bitacora do Beagle de Julio Rodríguez comeza cunha nota de suicidio que sinala a un asasino inusual, unha bacteria transmitida por carrapatas. (12:36) Israel Temprano é investigador Beatriz Galindo na UdC onde está a poñer en marcha o Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición Enerxética. Con el falamos das novas xeracións de baterías. (35:08) Estíbaliz Espinosa guíanos nunha excursión polas estrelas vermellas do ceo, o cinema e a literatura.


share








 January 2, 2024  56m
 
 

episode 651: Efer 651 (30-11-23): Eduardo Sáenz de Cabezón, @edusadeci, amor pola aprendizaxe


(3:08) Achegámonos ao IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia para conversar co matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón que vai pechar o congreso da Asociación de Ensinantes de Galicia ENCIGA (29:03) O catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo Benito Vázquez vén de gañar premio en ensino e divulgación da física da Real Sociedade Española de Física BBVA 2023. (42:57) Coñecemos o XXXVI Congreso da man de Inés García Seijo e Miguel Yebra.


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 650: Efer 650 (23-11-23): Prismas 23 e IgNobel para as anchoas de Bueu


(2:49) Un ano máis argallamos un faladoiro "prismático" cos gañadores dos premios Primas á divulgación dos Museos Científicos Coruñeses. Contamos con Julio Bernues, Almudena Martín, Laura Farré, Eugenia Angulo, Javier Armentia, José Edelstein, Elena Lázaro y Rogelio Sánchez Verdasco. (40:26) Un estudo atopa que actividade sexual nocturna das anchoas en augas de Bueu remexe efizcamente a columna de auga. Este traballo gañou o premio Ig Nobel 2023 na categoría de física...


share








 January 2, 2024  56m
 
 

episode 649: Efer 649 (16-11-23): A mercé das redes


(2:31) Lluis Montoliu (CNB-CIS) debúllanos a nova da creación nun laboratorio chinés de monos quiméricos que naceron de dous embrións distintos. (24:43) Borja Tosar envíanos un telegrama planetario con información sobre a misión Osiris. (30:13) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. Vén de publicar "A merced de las redes.”


share








 January 2, 2024  1h0m
 
 

episode 648: Efer 648 (9-11-23): Choiva extrema


(1:34) Os papamoscas holandeses amosan como poden responder as especies ós desaxustes do cambio climático. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla xunto coas predicións ornitolóxicas. (14:47) Damián Insua do Laboratorio de Extremos Hidroclimáticos da Universidade de Gante explícanos como funcionan os ríos atmosféricos e as orixes das choivas extremas (41:07) Maite Vence lévanos de visita de turismo científico ás Pontes de García Rodríguez...


share








 January 2, 2024  59m