Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 5 hours 1 minute
[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros. (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península. (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista. (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano...
(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez. (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o frass, que é un fertilizante que se obtén das larvas e as deposicións dos insectos...
(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica...
[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carátula: Duvi
[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS
Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence.
(3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueoastronomía, a cal se desenvolve baixo o paraugas do Consello Supremo de Antigüidades...
(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria da exposición "Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós".
Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.