Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1830 Folge(n) erschienen. Dieser Podcast erscheint alle 0 Tage.

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 7 hours 57 minutes

subscribe
share






episode 619: Ver os sinais de tráfico pola noite, os retrorreflectores [Ciencia para andar por casa]


Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa


share








 March 20, 2023  7m
 
 

episode 620: Efer 620 (25-1-23): Comer igual, resultados distintos: Nutrición de precisión con José Mª Ordovás


(2:39) A sonda da ESA Juice vai estudar as lúas de xeo de Xúpiter. Cóntanolo Javier Pedreira "Wicho". (16:44) Poden comer dúas persoas exactamente o mesmo e ter consecuencias distintas? Si. O efecto da comida na saúde depende de quen a come: da súa idade, do seu sexo, da súa xenética, de como interaccionou a xenética co entorno, das bacterias que habitan no seu corpo, a chamada microbiota, e mesmo de a que hora se come...


share








 March 25, 2023  57m
 
 

episode 621: Efer 621 (1-2-23): Desinformación científica


(1:46) Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia. (15:55) A socióloga Celia Díaz Catalán da Universidade Complutense de Madrid é coautora do "Informe sobre Desinformación Científica" da FECYT...


share








 March 26, 2023  1h0m
 
 

episode 621: Biluricos e mazaricos [Paxaros na cabeza]


Nacho Munilla cóntanos como se fai o censo de aves acuáticas invernantes de Galicia. Entre eles o bilurico e o mazarico, que teñen primos que atravesan o Himalaia.


share








 March 26, 2023  14m
 
 

episode 622: Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena


Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena...


share








 April 6, 2023  57m
 
 

episode 623: Efer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos


(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval. (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas...


share








 April 6, 2023  55m
 
 

episode 623: Efer 626 (8-3-23): Vaxinodiversidade animal


(4:13) Clara Mendoza, investigadora de doutoramento do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, participou na segunda edición de "Lanternas de Ciencia" achegando a súa visión de María Wonenburger. Tamén conversamos con Jaime Amaro da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC. (14:55) As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento...


share








 June 19, 2023  55m
 
 

episode 624: Diversidade na ciencia con Inmaculada de Melo [Versión estendida]


Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución.


share








 March 20, 2023  31m
 
 

episode 624: Efer 624 (22-02-23): Ancora, no top 50 das startups mundiais


(2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución. (27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento...


share








 April 9, 2023  55m
 
 

episode 625: Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego


(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego...


share








 April 23, 2023  58m