Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1827 Folge(n) erschienen. Dieser Podcast erscheint alle 0 Tage.

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 5 hours 1 minute

subscribe
share






episode 614: Efer 614 (25-12-22): Comportamento do can de palleiro


(1:48) Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022. (10:45) A doutora veterinaria Ángela González Martínez é especialista en medicina do comportamento animal no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo...


share








 January 2, 2023  58m
 
 

episode 614: Relato inspiraciencia: O derradeiro canto


Dramatizamos coas voces de Belén Regueira e César Goldi o relato "O derradeiro canto" de Abril Viqueira que resultou gañadora na categoría de escritores novos do concurso Inspiraciencia na edición de 2022.


share








 March 12, 2023  6m
 
 

episode 615: Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina


(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo...


share








 January 2, 2023  56m
 
 

episode 615: Tres monólogos de ciencia en galego: Ciencia Calidade


Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David Garcíau Dios.


share








 March 12, 2023  18m
 
 

episode 616: Efer 616 (31-12-22): O "Golden-eye", o campión do ano [Efer Piano Bar 1]


Programa especial de fin de ano que realizamos con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández. Contamos e cantamos a mellor ciencia de 2022. Este programa ten a súa continuación no programa de primeiro de ano.


share








 January 2, 2023  56m
 
 

episode 616: Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon


(1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais...


share








 March 18, 2023  56m
 
 

episode 617: Efer 617 (01-01-23): Vacinas contra o virus respiratorio sincitial e outros achados do ano [Efer Piano Bar 2]


Programa especial de primeiro día do ano 2023 onde continuamos a contar e contar a mellor ciencia de 2022. Edición efervescente realizada con público desde o pub Airas Nunes de Santiago de Compostela coa participación dos nosos colaboradores Bibiana García Visos, Nacho Munilla, Susana Ladra, Borja Tosar e Pedro Piñeiro. Coa música ao vivo no piano de Juanjo Fernández...


share








 January 2, 2023  57m
 
 

episode 618: Guía do ceo de inverno 23 con @astroxabi


Guía do ceo de inverno con @astroxabi, Xabier Pérez Couto.


share








 March 5, 2023  16m
 
 

episode 618: A sorpresa arqueolóxica da Muradella


No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun cairn do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica...


share








 March 19, 2023  19m
 
 

episode 619: Efer 619 (18-1-23): Máquina do tempo para atrapar proteínas editoras de xenes con @LluisMontoliu


(2:03) Podemos ver os sinais de tráfico pola noite grazas a que se deseñan como retrorreflectores. Cóntanolo Bibiana García Visos na súa ciencia para andar por casa (9:48) Para recuperar novas proteínas con capacidade CRISPR, de edición de xenes, un equipo de investigadores no que participou Francis Mojica fixeron unha viaxe nunha "maquina do tempo"...


share








 March 19, 2023  55m