Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 5 hours 1 minute
O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo
(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence. (8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura. Conversamos con José Manuel Bermúdez, investigador do CICA...
A historia de como Einstein e Leo Szilard realizaron 45 patentes para construir unha neveira segura contada pola Avoa de Einstein.
(3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica (9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,.....
[Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...
A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo seu deseño, o estudo non pode establecer se o toxoplasma causa a fraxilidade.
(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos...
Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.
Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes...
(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas . (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático...