Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1825 Folge(n) erschienen. .

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 3 hours 8 minutes

subscribe
share






episode 232: Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores


(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes...


share








 July 19, 2023  56m
 
 

episode 575: Efer 575 (24-11-21): O fármaco eficaz contra a artrose era un antidepresivo


(2:30) Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos...


share








 January 5, 2022  56m
 
 

episode 606: Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa


(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](https://www.proyectostatwars.es/)" no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial. (13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro...


share








 October 6, 2022  58m
 
 

episode 606: A lira desafinada de Pitágoras con @puratura


Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras"...


share








 October 7, 2022  34m
 
 

episode 606: Sorteo de "La lira desafinada de Pitágoras"


Sorteamos un exemplar de "La lira desafinada de Pitágoras" entre os chíos de twitter que nos propuxeron músicas relacionadas coa ciencia.


share








 October 12, 2022  2m
 
 

episode 607: Efer 607 (26-10-22): Unha noite magnética no CINBIO


Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio)...


share








 October 29, 2022  55m
 
 

episode 608: Efer 608 (9-11-22): Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan


A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes organizado pola investigadora do CIMUS Carmen Rivas...


share








 November 13, 2022  59m
 
 

episode 608: Relato Inspiraciencia: A ribeira do mexillón


Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.


share








 November 22, 2022  21m
 
 

episode 609: Bonos de Innovación e Innovapeme. O caso de Bioprana [GAIN]


Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega biotecnoloxía para solucionar problemas do medio agrícula conversando con Carla Salazar (fundadora) e Jesús González Pueyo (director do laboratorio de I+D).


share








 December 1, 2022  16m
 
 

episode 609: Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións


(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez...


share








 December 8, 2022  56m