Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1827 Folge(n) erschienen. .

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 5 hours 1 minute

subscribe
share






episode 670: Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia


(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa "Fábrica Intelixente" de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06) Patricia Preito é comisaria da exposición "Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós".


share








   57m
 
 

episode 669: Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto


(3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión Hispano-exipcia de arqueoastronomía, a cal se desenvolve baixo o paraugas do Consello Supremo de Antigüidades...


share








   55m
 
 

episode 678: Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica


(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros...


share








 April 8, 2024  54m
 
 

episode 678: Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi


Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.


share








 April 7, 2024  19m
 
 

episode 667: Efer 667 (28-3-24): Glicosa


Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias (4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática. (37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica. (32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence.


share








 April 6, 2024  54m
 
 

episode 666: Protonterapia con Yolanda Prezado [Versión estendida]


[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS


share








 March 26, 2024  28m
 
 

episode 666: Mate-glifos [Versión estendida]


[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carátula: Duvi


share








 March 26, 2024  36m
 
 

episode 666: Efer 666 (21-3-24): O número 666


(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica...


share








 March 26, 2024  55m
 
 

episode 665: Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo


(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez. (13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co International Centre of Insect Physiology and Ecology de Kenia sobre o frass, que é un fertilizante que se obtén das larvas e as deposicións dos insectos...


share








 March 16, 2024  54m
 
 

episode 664: Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche


(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros. (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península. (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista. (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano...


share








 March 9, 2024  55m