Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á Avoa de Einstein? 198539

http://www.ivoox.com/podcast-efervesciencia_sq_f1264656_1.html

Eine durchschnittliche Folge dieses Podcasts dauert 24m. Bisher sind 1825 Folge(n) erschienen. .

Gesamtlänge aller Episoden: 73 days 3 hours 8 minutes

subscribe
share






Efer 654 (28-12-23): Un ano de ciencia, Parte I [Versión estendida]


Primeira parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz Espinosa...


share








 January 2, 2024  1h3m
 
 

Efer 655 (30-12-23): Un ano de ciencia, Parte II [Versión estendida]


Segunda parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz.


share








 January 2, 2024  1h9m
 
 

episode 643: Efer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X


(3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana. (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight. (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns...


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 644: Efer 644 (12-10-23): A comunidade cuántica galega


A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA con Luis Orosa, Antón Rodríguez Otero e Rebeca Garcia Fandiño, ao Vigo Quantum Communication Center con Marcos Curty e Manuel Fernández Veiga, pasando polo Fujitsu International Quantum Center con Almudena Justo Martínez...


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 645: Efer 645 (19-10-23): Os primeiros poboadores de América


(3:00) Laura Veiga fálanos do primeiro transplante en España dun útero funcional (13:23) O arqueólogo arxentino Gustavo Politis explícanos como 16.000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquistou rapidamente todo o continente americano de norte a sur. (44:34) Verónica Salgueiriño debúllanos o premio nobel de química outorgado aos puntos cuánticos. www.efervesciencia.org


share








 January 2, 2024  55m
 
 

episode 646: Efer 646 (26-10-23): Marine Instruments, os satélites galegos dos océanos


(2:48) Desde Porriño Marine Instruments monitoriza todos os océanos cunha constelación de boias para a pesca con seguemento por satélite. Visitamos as súas instalacións co alumnado da Universidade Laboral de A Coruña que participa no certame AntarticLab do CSIC. (29:25) Debullamos o nobel de física pola tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos con Fernando Martín, catedrático da UAM.


share








 January 2, 2024  56m
 
 

episode 646: Attoquímica con Fernando Martín [Versión estendida]


[Versión estendida] Debullamos o nobel de física concedido á tecnoloxía de pulsos de luz de attosegundos e as portas que abre cara a attoquímica con Fernando Martín, catedrático da UAM.


share








 January 2, 2024  35m
 
 

episode 647: Efer 647 (2-11-23): Estrelas desde Armenia


(3:59) A directora da Casa das Ciencias na Coruña, Bibiana García Visos, fálanos do centenario dos planetarios de proxección electromecánica. (13:36) Aproveitamos a Guía do Ceo de outono co noso estreleiro Jabier Pérez Couto para coñecer a súa estadía de investigación no observatorio astronómico de Byurakan en Armenia. Tamén felicitamos á presidenta da Agrupación Astronómica IO, Denévola Álvarez, polo premio da Crítica...


share








 January 2, 2024  54m
 
 

episode 648: Efer 648 (9-11-23): Choiva extrema


(1:34) Os papamoscas holandeses amosan como poden responder as especies ós desaxustes do cambio climático. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla xunto coas predicións ornitolóxicas. (14:47) Damián Insua do Laboratorio de Extremos Hidroclimáticos da Universidade de Gante explícanos como funcionan os ríos atmosféricos e as orixes das choivas extremas (41:07) Maite Vence lévanos de visita de turismo científico ás Pontes de García Rodríguez...


share








 January 2, 2024  59m
 
 

episode 649: Efer 649 (16-11-23): A mercé das redes


(2:31) Lluis Montoliu (CNB-CIS) debúllanos a nova da creación nun laboratorio chinés de monos quiméricos que naceron de dous embrións distintos. (24:43) Borja Tosar envíanos un telegrama planetario con información sobre a misión Osiris. (30:13) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. Vén de publicar "A merced de las redes.”


share








 January 2, 2024  1h0m